Velaquí o videoconto

Aquí tedes o videoconto, a versión audiovisual da segunda parte da Aventura na Terra das Pontes! A nosa historia contada polos seus moitos creadores.

Advertisements

A última parada

E pouco a pouco fomos chegando á última parada desta aventura colectiva, que este ano foi o Colexio Monte Caxado. O conto viaxeiro deste 2014 chega á súa fin case, case canda o ano.

Ben, en realidade imos manter a intriga un pouquiño máis e non imos desvelar o final deste relato ata comezos de 2015, cando estea listo o conto definitivo e o videoconto. Ademais, poremos algúns contidos no apartado de recursos, todos eles relacionados coas andanzas deste ano. Para irvos facendo unha idea de como vai ser o resultado final, podedes consultar o conto e o videoconto do ano pasado ou pasar polo apartado recursos.

En fin, de todos os xeitos, se non podedes aguantar a curiosidade, podedes botarlle e un ollo ao que levamos de historia e imaxinar o voso propio final (se o deixades nun comentario logo podémolo comparar co que nos propuxeron os rapaces do Monte Caxade). Para que sirvan de inspiración aquí vos deixamos as fotos do proceso creativo do último día.

DSC_0792

O libro dos trasnos

Quedaba a nosa historia de camiño cara ao interior da Terra, podedes lembrar que os levara alí mirando a aventura completa no apartado Conto viaxeiro.  E correspondíalles aos rapaces do segundo grupo da Fraga continuar a aventura coa sombra da advertencia que lle fixera a serea do lago a Dani. Era unha tarefa ben difícil, porque a medida que se aproxima o final os contos complícanse, pero tiveron un golpe de sorte que lles axudou a discorrer: atoparon un libro secreto dos trasnos! Un libro no que se lles explicaba aos trasniños pequenos como podían facer para amolarnos a nós, os humanos, e que lles valeu aos do colexio da Fraga para inspirirarse. Podedes consultalo aquí.

Porque os trasnos, como xa vos explicamos, teñen as súas particualridades, coma todos eses seres fantásticos do imaxinario popular que están dispostos a amolar os humanos en canto poidan. Para loitar contra eles a mellor arma é coñecelos ben e informarse e aí foi onde estiveron moi atinados os rapaces da Fraga.

Así e todo, non vaiades pensar que todos os trasnos son tan atravesados. Aquí vos deixamos a páxina duns que son moi boíños. O Proxecto Trasno fórmano un grupo de voluntarios que se dedica a localizar software libre ao galego, é dicir, a traducir os menús dos programas que podemos usar todos, como algúns destes.

En fin, imos seguir co que estabamos. Por fin podemos ver como segue esta historia, co texto e o debuxo que a ilustra:

Tras agradecerlle á serea do lago que os deixase pasar e os avisase dos perigos, Chasqui, Casti e Dani entraron no túnel cara ao núcleo da Terra e camiñaron días e días sen atopar nada, ata que de súpeto apareceu un cabrito. O cabrito díxolles que podía acompañalos e guialos cara ás xoias do núcleo da Terra, pero en realidade quería roubarlles a coroa.

Máis o animal non sabía que Dani tiña poderes, o poder de ler a mente, e por iso descubriu as intencións do trasno.

Héctor Mieres

A aventura final

DSC_0652Esta aventura colectiva está chegando ao seu final, xa só quedan dous grupos por facer a súa contribución. Como sabedes, os contos a medida que se van achegando ao final son cada vez máis emocionantes, trátase de que nos manteñamos atentos e para iso é moi importante a intrigaOs rapaces do Santa María foron conscientes diso e deixáronnos unha historia chea de emocións.

Pero como vén sendo habitual, aínda non podemos adiantar moito. Lembrade que ao entrar na cova que os ía levar cara ao núcleo da terra, a serea advertiulles aos nosos aventureiros dun perigoso trano que cuspía lume azul e vermello pola boca. Será este o perigo ao que teñen que enfrontarse ou atoparán outros? O único que podemos contarvos é que aquí vai ter un papel moi importante un cabrito.

Polo momento deixámosvos coas fotos desta segunda sesión na Fraga e propoñémosvos facer un exercicio de imaxinación e aprender un pouco sobre o noso sistema solar e o noso planeta. Como será o núcleo da terra, ese lugar cara a onde se encamiñaban os nosos protagonistas?

 

O trasno

Efectivamente o perigo que ameaza agora a Dani é un trasno, pero un trasno un tanto especial que ten algunha particularidade a maiores das características dos trasnos, xa veredes máis para adiante que é. A serea do lago das Pontes quedou prendada do ben que regueifaba o neno extraterreste, así que quixo axudarlle avisándoo de tal perigo.

Esta parte do conto achegada polos rapaces da Magdalena, igual que todo o resto, é un compendio de imaxinación no que todo pode ser distinto a como o coñecemos. Por exemplo o lago no que vive a serea non parece o mesmo que o que temos hoxe, que por outro lado é moi recente, mais o territorio cambia segundo os tempos e estamos falando dunha historia que transcorre naqueles tempos nos que os animais falaban. Se tedes curiosidade por ver como cambia o territorio aquí vos deixamos unha mostra, unha foto aérea das Pontes antes do lago e incluso antes da mina, concretamente do ano 1956. Se queredes ver máis aquí poderedes obter fotos coma esta doutros lugares.

En fin, sen enredar máis, aquí vos deixamos coa contribución dos rapaces do Colexio A Magdalena:

Cando rematou, a serea díxolle:

-Es un grade regueifeiro, Dani. Vouvos levar á entrada secreta, pero debedes ter coidado porque hai un trasno que cospe lume vermello e azul.

AMagdalena-LoislaLouzaoMateus

O perigo

06AMagdalena-0186A historia de Chasqui, Dani e Casti xa vai camiñando cara ao final, aínda que de momento non podemos saber se o neno extraterrestre ha poder volver á súa casa, os nosos amigos van cara ao núcleo da Terra para buscar unha solución. Con todo os rapaces do Colexio A Magdalena agrandaron un pouquiño máis esta historia, máis ben volveron agrandar, porque estes rapaces xa partciparan anteriormente, eles foron os que idearon a marabillosa festa que os das Pontes lles fixeran aos heroes, xa aló na segunda sesión.

Por certo, vós sabedes que é o núcleo da terra e como se chega a el? Non tedes curiosidade? Pois aquí tedes un poco de información e un vídeo que explica un pouquiño como se formaron as capas da terra.

Os que nos seguides xa iredes sabendo que desta vez non vos imos contar o que crearon os nenos da Magdalena, porque aínda temos que publicar o debuxo que fixo un deles e que foi elixido polos rapaces da Fraga para ilustrar o conto. Mais adiantámosvos que os nosos amigos están para enfrontarse a un novo perigo. Cal será? Será un perigo terrorífico inspirado no recente Samaín? Poderán superalo? Tede paciencia que axiña imos saber e xa queda pouco para o final. Aquí van as fotografías dos traballadores para axudarvos a pasar a espera.

Camiño do núcleo da terra

Continúa a historia e os nosos protagonistas van á procura dos tesouros que Dani precisa para poder volver á súa casa, o planeta laranxa, ese misterioso lugar que non sabemos onde está (se queredes podedes mirar por el aquí, pero nós non o demos atopado).

Como xa vos adiantamos, estes rapaces do Santa María botáronlle moita imaxinación e tomárono tanto en serio que mesmo houbo unha auténtica batalla na biblioteca. Iso si, unha batalla de versos. Aquí vos deixamos o resultado e mais o debuxo elexido para ilustralo.

05SantaMaríaAitanaAlonsoTorrente

 

Cando Chasqui lle contou isto ao rei das Pontes, o rei dixo:

– Non hai problema, tomade unha coroa. Eu teño dúas!!

Pero, como conseguirían as xoias do núcleo da Terra? A entrada secreta estaba baixo o lago das Pontes, e a serea do lago só deixaba pasar a quen fose capaz de vencela nunha regueifa…

Camiñaron ata o lago e, cando chegaron a pé da serea, ela comezou a regueifar:

Onde vas neno bonito?
neste lago mando eu
imos ver que tan ben cantas
Queres ser amigo meu?

E Dani, sen apenas dubidar, contestou:

Son un neno doutro mundo
e ti tes que me axudar
déixame pasar a porta
e no meu mundo acabar.

Comeza a segunda volta

Pois case sen darnos conta xa comezamos cunha segunda volta polos colexios das Pontes. Se lembrades, o Santa María foi o primeiro que visitamos, hai xa agora máis dun mes, e o outro día alá volvemos procurar novos camiños para este conto noso. Os rapaces de primeiro e segundo xa coñecían a historia, pero esta cambiara moito desde aquela primeira sesión e atopáronse con novos personaxes e novas aventuras ideadas polos seus compañeiros dos outros centros de ensino.  Pero é que isto é un conto viaxeiro que non para ata atopar un final….

Do que fixeron os rapaces do Santa María damos conta na sesión fotográfica, da que podedes gozar, coma sempre, argallando un pouco polo menú do blog. Só podemos adiantar de momento que os rapaces estiveron a regueifar.

E para os que non sabedes o que é a regueifa, dicirvos que é unha competición en verso na que dúas ou máis persoas demostran a súa habilidade para facer versos improvisando diante de todos. Non pensedes, non é cousa fácil, aínda que os nenos do Santa María demostraron que xa case teñen esta arte dominada.

02SantaMaríaDSC_0326

 

O regreso

Por fin podemos saber como continuaron este conto os rapaces do Monte Caxado, estabamos pendentes de que no Santa María escollesen a ilustración que ía acompañar o anaco de historia que elaboraran pero agora xa vos podemos amosar o seu traballo completo.

Coa irrupción de Dani a historia deu un xiro marabilloso e agora todo parece indicar que a misión dos nosos protagonistas vai ser axudalo para que volva á súa casa. Serán capaces? Reservaranos Dani algunha sorpresa máis? Non deixedes de seguir esta aventura porque ferve a creatividade e pode pasar de todo.

Aquí vai a continuación:

Como Dani soubera do valor e astucia de Chasqui e Casti, decidiu acudir á festa para lles pedir axuda. Primeiro contoulles que se perdera na Terra porque un día estaba dando unha volta no seu dragón polo universo e sen querer caeu del e foi dar á terra. E logo explicoulles que para volver ao seu planeta debería recoller a coroa do rei das Pontes xunto coas xoias do núcleo da Terra e xuntalas nun caldeiro máxico para fundilas e chamar ao seu dragón.

04MonteCaxadoSilviaCasásMelera